Regia Aeronautica

Real Forza Aérea Italiana
Regia Aeronautica Italiana
Escudo de armas estatal aplicado nas ás dos avións da Regia Aeronautica
Activa28 de marzo de 1923
Disolta17 de xuño de 1946
Insignias
de 1923 a 1936
de 1935 a 1943 (ás)
de 1926 a 1943 (fuselaxe)

A Real Forza Aérea Italiana (Regia Aeronautica Italiana) foi a forza aérea do Reino de Italia. Creouse como un servizo independente do Real Exército Italiano e estivo activa dende 1923 ata 1946. En 1946 abolíuse a monarquía e o Reino de Italia converteuse na República Italiana, polo que onome da forza aéra cambiou a Aeronautica Militare.

A Regia Aeronautica loitou na guerra civil española onde estivo activa a Aviación Lexionaria. Posteriormente participou na segunda guerra mundial de 1940 a 1943, cando tras o armisticio de Cassibile as súas forzas dividíronse entre a Aeronáutica Cobelixerante do Reino do Sur e a Aeronáutica Nacional Republicana da República Social Italiana de Benito Mussolini.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search